Volver ao Concello

Rexistro de parellas de feito

Descrición

Solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de feito

¿Quen o pode solicitar?

Cidadáns maiores de 18 anos ou emancipados que desexen constituír parella de feito, sempre que non fosen declarados incapaces e algún dos membros áchese empadroado neste municipio.

Requisitos

Require DNI dixital ou certificado dixital.

Información e documentación a achegar

· Fotocopia compulsada do D.N.I, de cada un dos membros da parella ou, no caso de nacionalidade distinta á española, do documento equivalente no seu país.
· Certificado de empadroamento e convivencia dos membros da parella.
· Acreditación do estado civil dos membros da parella mediante certificación do Rexistro Civil ou equivalente no caso de estranxeiros.(*)
· De ser o caso, sentenza xudicial de divorcio ou nulidade, ou certificado literal de matrimonio en que conste algún destes extremos.
· Fotocopia compulsada do libro de familia, ou equivalente, nos casos en que houbese fillos comúns ou de calquera dos membros da parella.
· Escritura pública na que se establece o pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella.
· Declaración de vontade de constituír unha parella de feito. Descargar Documento
· Declaración responsable de ambos de non teren constituída parella de feito con outra persoa. Descargar Documento
· Declaración responsable de non ter relación de parentesco. Descargar Documento
· Declaración responsable de non estar incapacitado para os efectos de prestar o seu consentimento para constituír unha parella de feito. Descargar Documento

(*)Esta acreditación poderá substituírse, excepcionalmente, por unha declaración xurada da persoa interesada, na que se fará constar, ademais do cumprimento do requisito de inexistencia de vínculo matrimonial, o compromiso de presentar ante o rexistro a acreditación do estado civil tan axiña como sexa posible ou desapareza a causa que impedía presentar esta acreditación ou que a demoraba considerablemente. En todo caso, se no prazo dun ano non se presentase a documentación correspondente, considerarase a parella desistida da súa petición e se procederá ao arquivo do expediente, previa resolución administrativa.

Normativa

· Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
· Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
· Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
· Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
· Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
· Lei 13/2005, de 1 de xullo, pola que se modifica o Código Civil en materia de dereito a contraer matrimonio.
· Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia.
· Decreto 248/2007, de 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de feito de Galicia.

¿Quen tramita a solicitude?

Concello de Pedrafita do Cebreiro

Trámites con certificado dixital

O rexistro en liña de E / S está fóra de servizo tras a conclusión de actividades de mantemento e actualización

Concello de Pedrafita do Cebreiro
Plaza de España 2. 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Teléfono: 982367103 | Fax: 982367150
Correo electrónico: